23 febreiro 2021

ACROSPORT

NO CRA DE DODRO TAMÉN NOS ATREVEMOS CO ACROSPORT, DEPORTE ACROBÁTICO E COREOGRÁFICO, NO QUE É NECESARIO O TRABALLO EN GRUPO, TER FLEXIBILIDADE E MOITO EQUILIBRIO.

AQUÍ VOS DEIXAMOS A PROBA DE QUE AS NOSAS NENAS E NENOS SON UNS EXPERTOS NESTA DISCIPLINA. 






13 febreiro 2021

ENTROIDO OLÍMPICO

NESTE ENTROIDO PUXEMOS AS MELLORES GALAS DEPORTIVAS PARA CELEBRAR OS NOSOS PARTICULARES XOGOS OLÍMPICOS.
MIRADE QUE BEN O PASARON!!





09 febreiro 2021

A RODA DE ALIMENTOS

ESTES DÍAS ESTIVEMOS TRABALLANDO A RODA DE ALIMENTOS E A IMPORTANCIA QUE TEÑEN TODOS PARA O NOSO BENESTAR; SEN ESQUECERNOS DE QUE UNHA BOA ALIMENTACIÓN TEN QUE IR ACOMPAÑADA DO EXERCICIO FÍSICO.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DO BEN QUE FIXERON AS SÚAS RODAS!



05 febreiro 2021

CONCURSO DA LECRA DEPORTISTA

Despois dun difícil proceso de selección, entre todos escollimos unha das Lecras deportistas, para que sexa a mascota do noso proxecto "Con movemento e exercicio, o noso corpo nota o beneficio".

Aquí vola presentamos:



02 febreiro 2021

LECRA TAMÉN FAI DEPORTE

Lecra tamén sabe da importancia de facer exercicio; por iso as nosas nenas e nenos idearon atuendos para que poida practicar diferentes deportes. 
Está guapísima con todos!!!



01 febreiro 2021

QUE BEN ME SABE A FROITA!!

Ademais do exercicio físico, é fundamental levar unha dieta equilibrada, na que ocupa un lugar moi importante a froita. É por iso que no CRA de Dodro, queremos contribuír a que os peques adquiran hábitos de alimentación saudables. Durante as dúas últimas semanas, tivemos de merenda arandos, mazás, kiwis, peras, plátanos. 

Aquí vos deixamos a proba de todo o que paparon!!